LECTOESCRITURA
Por onde comezar… Non sei fixemos tantas cousas. O máis divertido, completo e compartido foi a obra (en breves teremos unha entrada para ela no blog), pero para chegar a iso, antes asentamos e ocorreron moitas outras cousas. A nivel gramátical, traballamos coa metodoloxía Montessori, cada forma xeométrica é unha clase de palabra: artigos (triángulo pequeno azul claro), sustantivos ( triángulo negro grande) , adxectivos (triángulo mediano azul escuro), verbos (círculo vermello). Construimos frases e as analizamos, facemos listas de cada tipo de palabras, recibimos ordes para recoñecer o verbo e as realizamos: – Abre a porta. Colle un lápis…
A ortografía, que aínda nos trae “de calle”, maíusculas e puntos, temos que respectalos. Temos unha caixa máxica que nos axuda a construir contos. E calquera cousa que sucede na aula é retratada a través dunha frase ou un debuxo no caderno. O ordenador tamén está presente nos nosos escritos, por exempolo as táboas dos contos que levamos para a casa (co número de rexistro) os fixemos nós e parte do díptico da obra tamén! Traballamos co opentrad.
Facemos fichas, para asegurar un vocabulario mínimo e perfeccionar o trazo. Lemos na nosa biblioteca de aula, e os contos son a posesión máis valiosa que temos na aula. Gústanos ler para outros nenos, así fixemos lecturas para tódolos niveis de infantil, organizadas pola profe. Pero aquí ven o mellor, medrou a semente, ocorreu algo máxico, algúns decidimos que xa estabamos preparados para ir sós (polo menos algunhas veces), así que despois de pedir permiso e organizar a axenda dos recreos da profe… Decidimos contar contos en pequenos grupos a os nenos de infantil, pero a profe só acompaña, o facemos todo sós, dende os carteis ata a lectura, e que caladiños quedan todos mentres os contamos!
Ademáis traballamos a comprensión lectora con estructuras cooperativas, 1-2-4, outras veces en grupos colaborativos… Facemos actividades de comparar e contrastar, usamos organizadores gráficos,… para chegar chegar a algo moi complicado que é a metacognición.
Asistimos a contacontos organizados na nosa biblioteca do centro…
Mantemos correspondencia cos nenos e nenas de Moeche, aos que estamos desexando coñecer, e ata os chamamos por Skype!!
Podedes ver fotos na área privada.