AS MURALLAS DE CEDEIRA!!
Este curso realizamos a 2ª parte dun proxecto inacabado… O proxecto sobre a nosa vila (o curso pasado) derivou nun apartado sobre as murallas, o interese foi inmenso e decidimos adentrarnos máis. Fixemos unha boa recopilación de información, decoramos os pasillos e vivimos como naquela época. Pero quedaba a parte de transmitir…
Este ano con novas ideas e forzas elaboramos un tríptico, onde cada equipo fíxose cargo dunha porta e seleccionou o máis importante. O pasaron a un documento de texto. Fixemos un concurso de marcos para poñerlle ao tríptico. Gravamos os vídeos, coa axuda do mestre Alex e temos a colaboración do Concello.
Este proxecto verá a luz e permanecerá nos nosos corazóns.
Podedes descargar os códigos QR e ver os vídeos das nenas e nenos nesta ligazón: PORTAS DAS MURALLAS