RÍO 2016
Foi unha decisión unánime a de traballar todo o centro os xogos olímpicos. Creo que foi moi gratificante para todos. Na nosa aula fixemos un proxecto chamado Río 2016. Este nos levou a investigar un país doutro continente, Brasil. Aprendemos onde estaba, as zonas nas que se desenvolven os xogos, que xogos entran neste ano, realizamos un mural… fixemos innumerables manualidades para preparar o noso disfraz, que salvo o traballo do plástico que fixemos as mestras, o resto é mérito de cada un e representará parte da súa nota de plástica. Este proxecto rematou cun desfile de todo o centro, que podedes ver noutra entrada, na área privada.