07Feb
2016
0

Aprendizaxe cooperativa

Como xa sabedes, na aula traballamos por proxectos e cunha aprendizaxe cooperativa. Dende setembro están colocados en grupos de tres ou catro alumnos e alumnas e, salvo en ocasións que decido que o traballo será realizado individualmente, na maioría das ocasións o facemos en grupo. Intentando aportar o que cada un sabe, e asegurándonos que todos participan, cada un co seu nivel.

A aprendizaxe cooperativa permítelle ao docente acadar varias metas importantes ao mesmo tempo. En primeiro lugar, axúdao a elevar o rendemento de todos os seus alumnos, incluidos tanto os especialmente dotados como os que teñen dificultades para aprender. En segundo lugar, axúdao a establecer relacións positivas entre os alumnos, sentandoasí as bases dunha comunidade e aprendizaxe na que se valore a diversidade. En terceiro lugar, proporciónalles aos alumnos as experiencias que necesitan para lograr un saudable desenvolvemento social, psicolóxico e cognitivo. A posibilidade que brinda a aprendizaxe cooperativa de abordar este tres frontes ao mesmo tempo faino superior a todos os demais métodos de ensino.

O rol do docente, cando emprega a aprendizaxe cooperativa, é multifacético. Deberá tomar unha serie de decisións antes de abordar o ensino, explicarlles aos alumnos a tarefa de aprendizaxe e os procedementos de cooperación, supervisar o traballo dos
equipos, avaliar o nivel de aprendizaxe dos alumnos e alentalos a determinar con que eficacia están funcionando os seus grupos de aprendizaxe. Ao  docente compételle pór en funcionamento os elementos básicos que fan que os equipos de traballo sexan realmente cooperativos: a interdependencia positiva, a responsabilidad individual, a interacción persoal, a integración social e a avaliación grupal.

Eu creo no traballo que fago, penso que é moi positivo e productivo, tanto para o alumnado como para mín como docente. Pero sempre hai máis e máis que aprender, por iso este ano no noso centro temos un seminario e un curso sobre a aprendizaxe cooperativa, para formarnos máis e mellor.

Se accededes á área privada poderedes ver aos pequenos vagalumes facendo unha dinámica de grupo, para cohesionalo, facelos “máis piña”,  que aprendan a axudarse, a compartir o que saben, porque todos, todos temos algo que dicir e múltiples maneiras de facer.

Sen comentarios

Responder