07Mai
2016
0

SAÍDAS E MÁIS SAÍDAS…

Nótase que veu o bo tempo, temos moito por facer, e unhas ganas enormes de saír. Así que estivemos facendo unha manchea de cousas: fomos á praia buscar cunchas para facer a balsa para a obra de Carlos Labraña, achegámonos á biblioteca municipal ver un contacontos sobre o mar, fomos plantar árbores polo día da árbore, vimos a exposición das ilustracións da natureza de Calros Silvar… e non ímos acabar só con isto… ídevos preparando.

Podedes ver máis fotos na área privada.

Sen comentarios

Responder