10Mar
2017
0

Os traballos de agora e de antes.

Xa pasamos o ecuador do noso proxecto. Nesta ocasión quixemos descobrer algunhas profesións do noso pobo, das que perduran e o farán por moito tempo seguro.

Pero non só descobremos, tamén aprendemos a realizar unha enquisa, pensar que desexábamos saber de cada profesión, a filtrar todas as nosas ocorrencias e deixar as máis axeitadas, melloramos a nosa ortografía, a nosa linguaxe oral e escrita, a traballar en equipo e poñernos de acordo, memorizamos, aprendemos a “saber estar” (conducta, ser educados, saudar, despedir, agradecer…), a organizarnos, a decidir quendas, visitamos sitios marabillosos e tivemos a oportunidade de curiosear, de coñecer xente fabulosa, de valorar o noso e poñelo en valor.

Iremos dosificando, algunha das enquisas, para que a pouquiños gocedes con nós.

Grazas, Josefa, por deixarnos mergullar nun anaquiño do seu!

Agradecemos a colaboración da nosa costureira, Josefa Nebril Caruncho, de Alex, Carmen e Quique que sempre están pendentes de axudar nas gravacións e montaxe.

Sen comentarios

Responder