MEDIMOS O TEMPO
Partindo da pregunta: Cantos días ten un mes? xurde unha investigación sobre as medidas do tempo: século, década, ano, as estacións, os meses, os días, as horas… que nos achega momentos de ledicia. Que festas celebramos cada mes? Cales celebraban os nosos avós? Seguen estando todas presentes?
Neste proxecto lemos un conto fermoso: Sopa de Calabaza de Helen Cooper. Un conto que nos axuda no control das emocións que provoca o traballo en grupo.
Falamos da rotación, da traslación…, ordenamos días, meses, estacións… Realizamos o círculo do tempo, montamos unha liña anual coas festas da nosa vila e o compartimos con todo o centro. Facemos moitos cálculos, canto falta para o Nadal?
Xogamos co Timeline inventos, un xogo de Asmodee, que permite ordenar descobrementos.
Podedes ver a nosa liña do tempo no corredor do noso cole. Aquí deixamos algunhas fotos.