Numeración ABN
Na área das matemáticas, comezamos manipulando, nesta ocasión eu dicía un número e eles colocaban os palillos que correspondían na mesa. Para comprobar sae alguén ao encerado e escribe os palillos que colocou. Logo facemos traballo individual, as veces no caderno e outras en fichas. Pero case sempre está permido axudarse, comparar, buscar máis solucións, pois somos un grupo e todos temos algo que aportar aos demáis.