14Out
2015
0
Quen mellor que a nosa familia para contar o especiais que somos!

Quen mellor que a nosa familia para contar o especiais que somos!

Agradecer a tódalas familias que comparten un tempo con nós. Son visitas que marcan, que fan que as emocións estean a flor de pel: amizade, amor, tenrura… Pero permanecerán todas nos pequenos corazonciños de todos os que as compartimos.

Agora sabemos algo máis desa amiga ou amigo de pupitre, e non só deles senón tamén desas familias, parte inestimable na educación destas pequenas personiñas. Aprendemos que a Lucía R. non lle sabe o chocolate, que a Diego lle encantan os superheroes, que Lara se baña cunha Dora nadadora, que Lucía Pernas é unha lambona, que Héctor lee contos sen debuxos, que a Cris lle gustan os xogos de mesa, que a Fernando sabe contar contos, que Marcos anda en bici polo monte co seu pai, que Martín é moi tenro e adora á súa avoa, que Alejandro é un manitas, que Antonio sabe facer cabanas …. e aínda queda moito por saber…

Intres inesquecibles para todos os que participamos e axudamos a construír lazos para mellorar unha convivencia. Dende que entraron no cole, estes peques, pasan moitas horas xuntos, cos amig@s e coas mestras e mestres. Procuraremos que nese tempo que estemos xuntos sexa agradable e constructivo. Grazas por compartir ese anaquiño de vos.

Fotos na parte privada.

Sen comentarios

Responder