06Mar
2016
0

ALTERNATIVA

Nesta sesión adicamos o tempo a investigar as nosas emocións, sentimentos… Esas cousas que sentimos é que nos costa enormemente poñerlle un nome: alivio, morriña, enfado, loucura, amor, soidade, contención, ferida… Temos un libro: “O Emocionario” que con fermosas imaxes vainos describindo cada emoción. Logo escollemos unha e conversamos se algunha vez a sentimos e a debuxamos no caderno. Na vindeira semana engadiremos outro libro á nosa biblioteca das emocións: “Laberinto del Alma” de Anna LLenas.

Sen comentarios

Responder