18Mar
2018
0

ANIVERSARIO TANIA E HUGO!!

Parabéns chicos!! Este foi un día moi especial, ven cheiño de cousas boas, pero non esquezades que tamén trae novas encargas… As responsabilidades, a esas tamén hai que facerlles fronte e atendelas. Pero estades ben preparados e cos brazos abertos para asumilas. Aquí tedes un pequeno vídeo para recordar o ben que o pasamos e […]

14Feb
2018
0

ANIVERSARIO MIGUEL

Parabéns!! Xa tes un ano máis!! Ogallá sempre conserves esa mestura de inocencia e simpatía coa que nos invades a todos e todas. Felicidades campeón! Agradecer aos magos: Noa e Unai a amenización da celebración. Podedes ver as fotos do homenaxeado e o ben que o pasamos, clicando na ligazón: Aniversario Miguel

12Feb
2018
0

Entroido – Indios

Temos poucas fotos e non demostran o intenso traballo que este proxecto deu. Investigamos coa axuda dunha amiga da profe, Nives Villar, á que todos estamos enormemente agradecidos. A súa información foi clave para entender a forma de vida actual dos indios e como foron evolucionando co paso dos anos. A súa estadía, durante tres […]

03Xan
2018
0

CANTOS DE REIS

Enmarcado no noso proxecto “De festas pola vila” chega Xaneiro da man dos Reis Magos e a eles adicámoslles este cantar. “ÍMONOS XA PRA ALDEA PORQUE AQUÍ NON É BEN RUAR… … …” Recordade chicas/os repasalo. Luns ensaio e martes escena! Pero o máis importante, preparade todo o necesario na noite do día 5, auga […]

02Xan
2018
0

BO NADAL!

O último día foi un cúmulo de sentimentos, emocións, nervios… Decidín que levalos uns anos atrás sería unha boa reflexión, un encontro consigo mesmos, o paso do tempo, a amizade compartida… Así que esta manualidade, as conversas, as amigas e amigos que ese día percorreron a nosa aula, nenas e nenos que coma eles pasaron […]

02Xan
2018
0

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO

Somos unha morea!! Que ben o pasamos, gozamos dunha gran festa chea de xogos, conversas, baile… O mellor o xogo das abellas, fermoso!! Foi unha ledicia compartir con vos ano a ano a vosa historia, que aínda que pareza curta está cargada de maxia, vida, sensacións, sentimentos, cada unha diferente, como ten que ser! Diversas […]

07Out
2017
0

ANIVERSARIOS CARLOS, MARIO, SUHAYL E UNAI!!

Son os primeiros aniversarios que celebramos, detrás virán moitos máis! Parabéns, chicos!! Xa sabedes, sodes máis grandes, iso da máis liberdades, pero tamén esixe máis deberes e compromisos. Estou segura que seredes capaces de asumilos! Gracias por compartir este día con nós! Perdoade a calidade das fotos, pero a fotógrafa fai o que pode…

25Xuñ
2017
0

ANIVERSARIOS FIN DE CURSO

Parabéns! Lucía Rodríguez, Carol, Nayla, Antonio e Lucía Pernas!! Xa sodes uns rapaciños cun ano máis, con máis privilexios, pero tamén novas responsabilidades. Xa sabedes que hai que collelo todo, o lote ben enteiro. Sei de sobras que podedes con iso e máis!

23Abr
2017
0

ANIVERSARIO DE MARCOS!!

Felicidades!! Cada día sodes máis grandes, pero medrade a poucos, non teñades presa, gozade de cada intre e gardade recordos, eses durarán para toda a vida. Collede experiencia, vivencias de todo o que fagades, buscade a parte boa do que vos suceda e sede felices coma hoxe, sempre!! Felicidades rulo!!

12Mar
2017
0

ANIVERSARIOS ALEX, FER E HUGO!

Felicidades chicos! Xa sabedes que cada un de vos é especial, cada un diferente único, coas vosas risas, apertas, palabras fermosas e non tanto… comezades unha etapa nova. Deixastes atrás esa docilidade e agora poñedes en cuestión todo o que dicimos os maiores, iso é parte do voso cambio, é o arte de medrar. Algo […]

Páxina 2 de 4