Samaín
A nosa festa do Outono!
A nosa festa do Outono!
Usamos neste caso unha casa noutras será un castelo… para explorar o espazo (á dereita, a esquerda, arriba, abaixo…), as formas, as cores. Para reforzar coñecementos que moitos xa saben pero que deben interiorizar.
Grazas, familias, por facer da merenda un xogo. Ese día ollamos arte na cociña de cada un e tivemos medo con sabor a chocolate. Probamos tartas pantasmas, arañas, cabazas con sabor a queixo, a mandarina… E pasamolo moi, moi ben que era do que se trataba!
Como podedes observar estes pequenos vagalumes xa son quen de inventar historias en grupo, contalas, decoralas e incluso expoñelas en público. Este tipo de actividades axudan a motivar e a practicar dun xeito moi lúdico a lectura e a escritura, xusto un dos nosos grandes obxectivos do curso.
Dende o inicio do curso tomei a determinación de que o caderno tería un papel importante dentro das nosas tarefas. Creo que é un instrumento que permite ver os avances dos nenos e nenas dende o inicio e apreciar claramente, cun vistazo rápido, como evoluciona en tódalas áreas. Ademais apoia outro tipo de traballos (fichas, […]
Pulsar para acceder Necesita plugin Flash
Pulsar para acceder Necesita plugin Flash