03Nov
2016
0

ABN FAMILIAS!

Para as familias que non puideron acudir aos obradoiros e para as que acudiron e desexan refrescar, recordar algunhas cousas das que falamos…. DESCOMPOSICIÓN: O curso pasado descompoñemos números de 2 cifras e neste o facemos de 3. O procedemento é algo máis complicado que o ano pasado que non tíñamos centenas, pero faise igual. […]

01Nov
2016
0

SAMAÍN OBRADOIROS!

Este ano a merenda a fixemos nós, para levar para a casiña! O pasaron xenial no comedor, onde falamos das normas que hai que respectar nunha cociña e a importancia da hixiene. Logo veu o mellor, facer mans aterradoras! Durante estas últimas dúas semanas tamén fixemos innumerables obradoiros para decorar e moitos trouxeron a súa […]

23Out
2016
0

BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA

Os primeiro días fomos ata a biblioteca e recordamos as normas que alí temos que guardar. A biblioteca é un banco de recursos enorme, podemos atopar toda a información que necesitemos. Por certo! nestes días andamos mergullados nun xogo de pistas que argallou o Percebín, a ver se chegamos a bo recaudo. Nesta ocasión fan […]

23Out
2016
0

RECUNCHOS FORMAIS DO VENRES!

Xa estamos a mediados do 1º trimestre e organizámonos moito mellor. Así que os venres decidimos traballar toda a mañá por recunchos! As veces, vamos calquera día se rematamos a tarefa. Pero o venres traballamos dun xeito máis formal e todos (así participan os que o resto da semana non teñen oportunidade). Temos cinco recunchos: […]

23Out
2016
0

1º OBRADOIRO ABN – FAMILIAS!

Para os que non puideron asistir, colgo o impress para que o vexades. Creo que foi unha experiencia fermosa tanto para as familias como para a titora. Creo que é a sintonía que busco e que vos tamén. A escola e a familia temos que ir da man!obradoiro-familias1 Necesitáis Libreoffice Impress.

09Out
2016
0

RECUNCHOS

Os venres procuramos gardar un ratiño da mañá para que todos pasen por algún deles, vamos cambiando cada 15 minutos aproximadamente. Logo, durante a semana, se rematan axiña e ben a tarefa, tamén poden adicarlle un anaco a algún deles. Durante o curso estes recunchos cambiarán e iremos introducindo outros diferentes. O xogo de reglas […]

09Out
2016
0

DESCOMPOÑENDO EN ADOSADOS!

Unha sesión moi productiva! 1º Escollemos un número e o representan con palillos. 2º Comezan a facer transformacións e poñelo doutras maneiras, cambiando centenas, decenas ou unidades. O que desexen. 3º Cada transformación é representada tamén con números. 4º Facemos igual pero con símbolos. O cadrado vale cen, o círculo dez e a unidade un […]

25Set
2016
0

PRACTICAMOS ABN NA REDE

Volvo colgar a páxina de Retomates, pois é moi cómoda de traballar, ten moitos e divertidos xogos para reforzar as competencias matemáticas que desexamos conseguir neste curso. Nestes días estivemos coa suma ABN, para practicala podedes entrar aquí: http://www.retomates.es/ Logo dádeslle ao candado/zona alumnos/Rincón de Luca/sumas con rejilla Chegados aquí tendes seis niveis, podedes movervos […]