27Mar
2016
0

Obradoiro de alimentos

Promovido polo Concello de Cedeira, o alumnado de 1º de Educación Primaria, gozou dun obradoiro sobre a alimentación. Pasámolo xenial e o mellor,  todo o que aprendemos, dende a relación entre as cores das froitas e as súas vitaminas, pasando polas bacterias (boas ou malas) que podemos consumir ou evitar, ata unha revisión dos coñecementos […]

06Mar
2016
0

CONTO UN CONTO – 3 ANOS

Como xa comentei en moitas ocasións, non hai mellor motivo para ler, que o de que alguén che escoite. E os nenos e nenas de 3 anos, son uns maravillosos oíntes. Así que en grupos cooperativos preparamos o conto: Este albúm se ha comido a mi perro”. Aínda quedan dous grupos que continúan preparando o […]

06Mar
2016
0

CEDEIRA É UNHA VILA

Dentro do currículum para primeiro temos os contidos de Cidade, vila e aldea. Así que programei un proxecto que abarca eses contidos, pero dende o que eles coñecen. Xa estamos moi avanzados, traballamos cidades que algunha vez pisamos ou que están na nosa memoria por algún motivo especial. Evidentemente usamos a nosa vila para coñecela […]

06Mar
2016
0

Cadeira dos Abrazos

Quen non ten problemas, de cando en vez? En moitas ocasións contestamos impulsivamente, ferindo os sentimentos dun compañeiro/a, ou levantamos a man con moita lixeireza…. Para resolver pequenos conflictos temos a cadeira dos abrazos. Nela un neno/a senta e o outro tenta explicar o que ocorreu e logo invirten os papeis. O realizan simplemente coa […]

06Mar
2016
0

ALTERNATIVA

Nesta sesión adicamos o tempo a investigar as nosas emocións, sentimentos… Esas cousas que sentimos é que nos costa enormemente poñerlle un nome: alivio, morriña, enfado, loucura, amor, soidade, contención, ferida… Temos un libro: “O Emocionario” que con fermosas imaxes vainos describindo cada emoción. Logo escollemos unha e conversamos se algunha vez a sentimos e […]

21Feb
2016
0

NOVOS OBRADOIROS E NOVO MATERIAL

Estou convencida de que unhas das formas de aprender é manipulando. Cada individuo é un mundo, uns aprendemos mellor ollando, outros escoitando, outros tocando, outros probando… Por iso é moi importante que a información entre por tódalas canles, para que cada un, se beneficie da que ten máis desenrolada. Por iso, adico moito tempo a […]