21Feb
2016
0

PROXECTO CARTAS MOECHE

Este é un proxecto que levamos a cabo 1º e 2º, que desexamos que teña continuidade. Culminará este curso cunha saída na que se coñecerán. Escribimos cartas aos nenos do cole de Moeche e recibimos as súas respostas. Foi moi gratificante, é un xeito lúdico de traballar dende a lectoescritura ata o proceso de envío. […]

20Feb
2016
0

RÍO 2016

Foi unha decisión unánime a de traballar todo o centro os xogos olímpicos. Creo que foi moi gratificante para todos. Na nosa aula fixemos un proxecto chamado Río 2016. Este nos levou a investigar un país doutro continente, Brasil. Aprendemos onde estaba, as zonas nas que se desenvolven os xogos, que xogos entran neste ano, […]

14Feb
2016
0

Decembro, mes de aniversarios!

Neste mes celebramos unha morea de cumples! Cristina, David e Martín tamén tiveron o seu aniversario Montessori. É coma sempre, na primeira parte reinou a calma, a tranquilidade, o asumir que xa son máis maiores, xa teñen un ano máis. Novos retos, ilusións e proxectos os esperan. Que sexades sempre tan felices coma hoxe! Máis […]

14Feb
2016
0

Folio xiratorio

Neste curso, varios mestres do centro, estamos realizando un curso sobre a Aprendizaxe cooperativa. Algo que levo un par de anos traballando, pero por libre, sen máis información que a que vou recadando eu na rede ou con mestres/as amigos. Innovar non é fácil, pero si moi gratificante, pois os alumnos e eu aprendemos xuntos, […]

14Feb
2016
0

Lectoescritura

Aprendemos a través de tódolos sentidos, necesitamos ver, ulir, tocar, probar, sentir, escoitar… para ter cada vez máis información sobre iso que presenta un interese para nós. Por iso procuro facer diversas e múltiples actividades. Neste curso fan un cambio, da maíuscula á letra minúscula; é imprescindible que primeiro as relacionen, coñezan os seus sons […]

14Feb
2016
0

Recollida Solidaria. O tempo pasa. Chega o Nadal.

Rematamos un proxecto no que fixemos de todo, dende buscar información, ler innumerables contos, preparar, deseñar e montar un lapbook, traballar en equipos cooperativos… Pero o mellor de todo foi que fixemos posible que moitas nenas e nenos tiveran un sorriso, grazas á nosa xenerosidade, á vosa xenerosidade. Dende aquí agradecemos a Asociación Sobrerodas por […]

13Feb
2016
0

Concurso postais Nadal

Dende o departamento de biblioteca, onde participa a nosa profe, ofrécennos un concurso. Como nos gusta participar en todo, embarcamos no proxecto. Observade ben as nosas creacións, somos uns artistas!!  

07Feb
2016
0

Proxecto O tempo pasa. Chega o Nadal.

Neste proxecto temos un reto moi grande, os nosos pequenos e pequenas vagalumes, serán quen de conseguilo? Esperemos que coa axuda de todos si! Queremos xuntar 500 agasallos para os nenos e nenas que Papá Noel e os Reis Magos, seguramente, lles cubrirán as necesidades máis básicas: a comida e a roupa. Nós queremos ser […]