16Dec
2017
2

PROXECTO MARROCOS

Enmarcado dentro do proxecto: Culturas do mundo, proposto polo C.E.I.P. Nicolás del Río, iniciamos a nosa investigación.  Aprendemos a facer galletas de coco con dúas mamás coñecedoras da receita. Gracias a Hannane e Najia, esperámosvos no próximo encontro. Obradoiro de galletas  Clica na ligazón.

19Nov
2017
0

XUNTANZA 5 ANOS – 2ºA

Somos maiores, pero aínda gústanos xogar, por iso decidimos baixar ás aulas de cinco anos para ofrecerlles ás nenas e aos nenos a nosa axuda na lectoescritura e logo compartir con eles/as un bo rato de xogo simbólico. Que ben o pasamos!! Temos que agradecer a acollida de todos os nenos/as e das mestras (Raquel, […]

05Nov
2017
0

SAMAÍN

Dentro do noso proxecto “De festas pola vila” tocoulle ao Samaín ser o protagonista. Nunha xuntanza entre a Biblioteca Escolar Punta Candieira e a nosa xurdiu o comentario dos proxectos que teño pensado realizar este ano e o interese estendeuse. Aos poucos días xa había unha aula que quería participar no proxecto e de forma […]

04Nov
2017
0

MATEMÁTICAS ABN

En breves fará dez anos que Jaime Martínez Montero (mestre e inspector, hoxe xubilado) inventou un método para que a aprendizaxe das matemáticas fora máis sinxelo e chegara a todos sen frustración. A esencia do método reside en que cada alumn@ pode ir ao seu paso. Coido que isto é básico, o noso mundo é […]

04Nov
2017
0

GRUPOS INTERACTIVOS – COMUNIDADES DE APRENDIZAXE

Neste vídeo explicamos, a grandes rasgos como serán os interactivos na aula. Algúns xa tivestes a oportunidade de ser partícipes, outr@s o seredes en breve. O que está claro é que será unha experiencia moi gratificante para todos, non só mellorarán a nivel académico e diminuirán os conflitos na aula, senón que teceremos lazos de […]

20Out
2017
0

AS LINGUAS E MONTESSORI!

Esta é unha entrada para as familias. Para explicar un pouquiño mellor como traballamos as linguas. Supoño que moitos de vos, sabedes que aínda que estudei maxisterio por primaria, comecei a miña andadura na infantil. Alí tiven a sorte de caer con outros mestres que me empaparon do ensino por proxectos, de basear o ensino […]

07Out
2017
0

ANIVERSARIOS CARLOS, MARIO, SUHAYL E UNAI!!

Son os primeiros aniversarios que celebramos, detrás virán moitos máis! Parabéns, chicos!! Xa sabedes, sodes máis grandes, iso da máis liberdades, pero tamén esixe máis deberes e compromisos. Estou segura que seredes capaces de asumilos! Gracias por compartir este día con nós! Perdoade a calidade das fotos, pero a fotógrafa fai o que pode…

27Set
2017
0

BENVIDA AOS MEUS VAGALUMES DE 2º A!!

Agora si!! Xa podemos dar a benvida a estas 19 caras radiantes, con todos saniños e na aula.  Este primeiro mes adicámolo a coñecernos, consensuar as normas da nosa aula, e adentrarnos na nova organización e metodoloxía. Espero que cada día volvan con ese sorriso que garantizan as ganas de aprender xuntos. Pode que un […]

07Xul
2017
0

PASEO COAS FAMILIAS – PORTAS DA MURALLA

Non podiamos rematar o curso doutra maneira que non fora celebrando. Festexando o traballo das nenas e nenos durante estes dous cursos. Grazas ao seu esforzo, dedicación, emoción e ganas de levar adiante esta tarefa  deixaron pegada na nosa vila xa para sempre. Quixemos compartir esta aventura xuntos, familias e escola como debe ser. Moitas […]

25Xuñ
2017
0

ANIVERSARIOS FIN DE CURSO

Parabéns! Lucía Rodríguez, Carol, Nayla, Antonio e Lucía Pernas!! Xa sodes uns rapaciños cun ano máis, con máis privilexios, pero tamén novas responsabilidades. Xa sabedes que hai que collelo todo, o lote ben enteiro. Sei de sobras que podedes con iso e máis!