26Abr
2018
0

“De festas pola Vila!” Candeloria – Febreiro

Un mes máis, unha festividade nova, A Candeloria, tempo de apegotas. Un novo e fermoso traballo, realizado polas nenas e nenos de 2º A, coa colaboración do alumnado de antropoloxía do IES Punta Candieira. Agradecer a  documentación por parte de Rafael López Loureiro, o bo facer de Rosana, a creatividade de Montouto SoundMachine,  a constante […]

01Abr
2018
0

O CORPO HUMANO – PROXECTO

Rematamos o noso proxecto sobre o Corpo Humano e para que vexades algo do que fixemos montamos este vídeo. Foi unha investigación moi bonita e motivadora. Documentámonos con libros da Biblioteca Carlos Labraña e outros que trouxemos da casa, recollemos e filtramos a información, convertémonos en médicos/as e pacientes, tomamos datos, deseñamos unha consulta médica, […]

27Mar
2018
0

DE FESTAS POLA VILA!!

O noso proxecto de curso continúa. Xa levamos varias festas gozadas: Setembro con San Andrés, Outubro co  Magosto, Novembro co Samaín (celebración compartida co alumnado de antropoloxía do I.E.S. Punta Candieira), Decembro coas Panxoliñas, Xaneiro cos Cantos de Reis (xunto aos nosos avós e avoas), Febreiro coa Candeloria (novamente co alumnado de antropoloxía) e Marzo […]

18Mar
2018
0

ANIVERSARIO TANIA E HUGO!!

Parabéns chicos!! Este foi un día moi especial, ven cheiño de cousas boas, pero non esquezades que tamén trae novas encargas… As responsabilidades, a esas tamén hai que facerlles fronte e atendelas. Pero estades ben preparados e cos brazos abertos para asumilas. Aquí tedes un pequeno vídeo para recordar o ben que o pasamos e […]

24Feb
2018
3

VENRES DE RECUNCHOS!

Primeiro tiveron que dividir, somos 19 cantos podemos ir para cada grupo, se facemos tres? Primeiro houbo algún erro, pero axiña chegaron ao resultado correcto: 6, 6 e 7. Así que mans á obra, colocamos os recunchos e nas tres sesións que dispoñíamos (unha case foi entre deliberacións, cálculos e colocación, pero isto é descorrer, […]

14Feb
2018
3

Interactivos de xogos Xaneiro

Os interactivos continúan funcionando moi ben, gracias á colaboración de tódolos voluntarios e voluntarias e ao bo facer das nenas e nenos. Como cada fin de mes, coincidindo co día da paz, celebramos o interactivo de xogos. Un tempo de gozar, pero tamén de chegar a acordos e aprender a respectar as reglas dos xogos. […]

14Feb
2018
0

ANIVERSARIO MIGUEL

Parabéns!! Xa tes un ano máis!! Ogallá sempre conserves esa mestura de inocencia e simpatía coa que nos invades a todos e todas. Felicidades campeón! Agradecer aos magos: Noa e Unai a amenización da celebración. Podedes ver as fotos do homenaxeado e o ben que o pasamos, clicando na ligazón: Aniversario Miguel

12Feb
2018
0

Entroido – Indios

Temos poucas fotos e non demostran o intenso traballo que este proxecto deu. Investigamos coa axuda dunha amiga da profe, Nives Villar, á que todos estamos enormemente agradecidos. A súa información foi clave para entender a forma de vida actual dos indios e como foron evolucionando co paso dos anos. A súa estadía, durante tres […]