07Feb
2016
0

Aniversario Lara

Primeiro aniversario na aula. Sexto aniversario de Lara! Fixemos unha festa Montessori.  Todo un ritual para inicialos na comprensión do paso do tempo, os conceptos de meses, días, as estacións, así como o movementro da terra sobre sí mesma, e ao redor do sol.  Pequenos conceptos para que observen como medraron e canto cambiaron dende […]

07Feb
2016
0
Kamishibai 2º parte

Kamishibai 2º parte

Recordades a 1º parte, do conto de Kati, Unha manchea de bicos… Pois cando estivemos preparados fomos lérllelo aos nenos e nenas de 5 anos e a unha aula de 3 anos. O fixemos no kamishibai, que é como un teatriño no que podemos ler por detrás as imaxes que van saíndo.  Como xa comentei […]

07Feb
2016
0

Obradoiro de trazo

Este trimestre tivemos que aprender algo moi importante é difícil, as minúsculas. Primeiro aprendemos a relacionalas coas maiúsculas e aínda que fixemos moitas cousas con lapis, é necesario manipular e facelo de diversas maneiras, como todo. Non existe unha soa forma de facer as cousas, por iso puxémonos “mans á obra” e con un material […]

06Feb
2016
0

Numeración ABN

Na área das matemáticas, comezamos manipulando, nesta ocasión eu dicía un número e eles colocaban  os palillos que correspondían na mesa. Para comprobar sae alguén ao encerado e escribe os palillos que colocou. Logo facemos traballo individual, as veces no caderno e outras en fichas. Pero case sempre está permido axudarse, comparar, buscar máis solucións, […]

06Feb
2016
0

Proxecto A miña familia. A miña historia.

Xa temos rematado o proxecto máis entrañable que fixemos ata o momento. É difícil explicar con palabras a morea de sentimentos ,que este traballo despertou, palabras, miradas, apertas … É un gran amor e respecto polas persoas que lles deron a vida e que os acompañan en todo momento, polos avós (dúas veces papás e […]

13Xan
2016
0

Explorando o espazo

Usamos neste caso unha casa noutras será un castelo… para explorar o espazo (á dereita, a esquerda, arriba, abaixo…), as formas, as cores. Para reforzar coñecementos que moitos xa saben pero que deben interiorizar.

13Xan
2016
0

Merendas de medo

Grazas, familias, por facer da merenda un xogo. Ese día ollamos arte na cociña de cada un e tivemos medo con sabor a chocolate. Probamos tartas pantasmas, arañas, cabazas con sabor a queixo, a mandarina… E pasamolo moi, moi ben que era do que se trataba!

13Xan
2016
0

Un conto polo Samaín

Como podedes observar estes pequenos vagalumes xa son quen de inventar historias en grupo, contalas, decoralas e incluso expoñelas en público. Este tipo de actividades axudan a motivar e a practicar dun xeito moi lúdico a lectura e a escritura, xusto un dos nosos grandes obxectivos do curso.

Páxina 22 de 24