28Xan
2017
1

RESTA EN ESCALERA ASCENDENTE. PROBLEMAS CON DINERO.

Este tipo de problemas, xa os levamos facendo moito tempo,  coas moedas na mesa, agora comezamos a pasalos ao papel e coller rapidez e destreza. Son situacións que podemos atoparnos en calquera momento na vida real.  Por exemplo: Na tenda de chuches gasto 37 céntimos, levo 1 €. Canto me devolven? Moitos xa queren lanzarse […]

02Xan
2017
0

ANIVERSARIOS: MARTÍN, CRIS, DAVID E ANDRÉ!!

Celebramos un súper aniversario!! Son tantos de final de ano e xuntáronse tantas cousas que tivemos que celebralo todos xuntos! Pero o pasamos bomba! Felicidades!! Comezades unha nova etapa, chea de ledicia, ilusión, novos descobrementos, máis responsabilidades, máis independencia e toma de decisións. Sodes únic@s e especiais! Xamáis o esquezades!  

02Xan
2017
0

MEDIMOS O TEMPO

Partindo da pregunta: Cantos días ten un mes? xurde unha investigación sobre as medidas do tempo: século, década, ano, as estacións, os meses, os días, as horas… que nos achega momentos de ledicia. Que festas celebramos cada mes? Cales celebraban os nosos avós?  Seguen estando todas presentes? Neste proxecto lemos un conto fermoso: Sopa de […]

02Xan
2017
0

PROXECTO HERVÉ TULLET

No primeiro trimestre comezamos a coñecer a Herve Tullet, o pintor-escritor que traballaremos neste curso. Está dando moito xogo, pois permite que con máis ou menos habilidade todos sexamos bos artístas. As liñas e as formas son as bases para un bo traballo. O uso de múltiples materiais na súas obras favorece a creatividade que […]

04Dec
2016
0

RESTAS ABN

Visto que acabaremos o trimestre sen poder realizar o terceiro obradoiro, que sería o da resta. Opto por colgarvos uns vídeos e un pdf onde está moi ben explicado o proceso. Tentaremos retomar os obradoiros no segundo trimestre, pero agora comezamos coas avaliación e resúltame imposible. Eles xa realizaron neste trimestre todos os tipos de […]

26Nov
2016
1

APADRIÑAMENTO LECTOR

Creo que calquera persoa a calquera idade pode aportarlle algo a outra. De esta afirmación nace e comeza a medrar o apadriñamento lector. A semana pasada reunímonos na Biblioteca Carlos Labraña, co alumnado de 4 anos B para compartir unha experiencia inolvidable e enriquecedora para todos. En primeiro lugar o alumnado de 4 anos escolleu […]