11Nov
2015
0

Teño un nome especial. Son especial.

Este proxecto está chegando ao seu fin… Neste proceso aprendemos un montón de cousas novas e asimilamos mellor outras que xa coñeciamos. Axudounos a coñecernos máis,  os uns aos outros, a facernos máis amigos, compartir o que sabemos e a aprender a aprender: xogando, escoitando, ollando, lendo, tocando….  Dentro de nós levamos unha chea de […]

14Out
2015
0
Quen mellor que a nosa familia para contar o especiais que somos!

Quen mellor que a nosa familia para contar o especiais que somos!

Agradecer a tódalas familias que comparten un tempo con nós. Son visitas que marcan, que fan que as emocións estean a flor de pel: amizade, amor, tenrura… Pero permanecerán todas nos pequenos corazonciños de todos os que as compartimos. Agora sabemos algo máis desa amiga ou amigo de pupitre, e non só deles senón tamén […]

09Out
2015
0

Estes somos nós!

Cada un co seu nome, cunha historia, pequenas memorias dos inicios dunha vida. Retallos pequenos coma nós. Historias fermosas para hoxe en día ser como somos. Únicos e únicas coa nosa identidade. Somos especiais e xamais deixedes que vos digan o contrario. Irrepetibles!!! Para ver esta e outras galerías que vaiamos publicando, deberedes premer na sección privada, que […]

13Set
2015
1

Benvidos!

Estimadas familias, alumnas e alumnos de 1º B: Dende o 10 de setembro os nosos camiños uníronse. Pero xa dende hai moito tempo levo cavilando na necesidade de abrir unha ventá na nosa aula, de non estar nunca sós e sobre todo non gardar todo o que facemos para nós. Hoxe está ventá ábrese para […]

12Set
2015
0

Sobre a privacidade

Esta páxina web pretende ser unha ferramenta que facilite o contacto dos ámbitos escolar e familiar. Serve para arquivar algúns dos traballos que iremos facendo na aula usando novas tecnoloxías e, ao mesmo tempo, para que as familias teñades a posibilidade de acceder aos traballos dos pequenos e poder revisalos con eles. A privacidade é un asunto a […]

Páxina 24 de 24